MADE IN GALICIA
CAPÍTULO 6: Daniel e Mohamed 20/10/09
Picar na pedra pode ser un traballo esgotador. As ferramentas son poucas e sinxelas; o truco está en saber como usalas. A pesar dos bos consellos de Daniel, canteiro da Guarda, o seu novo compañeiro de traballo vai sufrir modelando a dura pedra. Mohamed, o aprendiz marroquí, aprenderá os segredos dun oficio milenario. Gran parte desta sabedoría está destinada a perderse, e Mohamed terá que prestar atención ó seu mestre. Pola súa banda, Daniel vai descubrir a receita para o té moruno. A clase rematará nun dos enclaves máis enigmáticos para os canteiros.