| |
 |
 |
 |
Coñece ós aprendices +
A inmigración constitúe un dos fenómenos máis relevantes da sociedade actual. “Made in Galicia” quere dar unha visión amable e positiva deste tema, amosar un colectivo que vén traballar á nosa comunidade pero que tamén quere entender a cosmovisión das galegas e dos galegos. Por iso, a divulgación dos nosos oficios tradicionais é unha tarefa que pretende ser educativa e, ao mesmo tempo, divertida.
A imaxe do colectivo inmigrante en “Made in Galicia” é diferente da que estamos afeitos a ver na televisión. É a dun colectivo que quere traballar con e coma nós, que está integrado na sociedade, e que mesmo chegou a formar unha familia con galegos e galegas. Por “Made in Galicia” pasarán inmigrantes licenciados, investigadores, músicos, mecánicos e donas da casa; reflictindo o amplo abano da realidade dos inmigrantes que viven na nosa comunidade. |
|
|
|