Os Oficios
Ferramentas, ilusión e moita paciencia. Estes son os ingredientes que precisarán os nosos protagonistas para enfrontrase a un duro reto: aprender dun mestre un oficio tradicional galego.
O escenario de Made in Galicia é un lugar de encontro e de aprendizaxe mutua. Bourando, serrando, tecendo veremos as historias dun obradoiro algo inusual, no que mestres e aprendices fiarán a nova sociedade galega.
Zoqueiro Ter zapatos era un luxo. A produción de zocos era unha das actividades máis frecuentes nas vilas.
Redeira Hai que ter moita paciencia para non enredar moito e poder seguir sempre o fío. Unhas redes de pesca non poden ter buratos polos que escape o peixe.
Tecelana O silencio rompido pola lanzadeira atravesando os fíos ata rematar cun fermoso tecido será o obxectivo dun dos protagonistas.
Afiador Non se sabe que é máis difícil, se conseguir tocar ben a “tonadilla” ou afiar ben un coitelo. As dúas cousas teñen mérito dabondo.
Canteiro Profesionais que percorreron case toda España, Francia e outros lugares de Europa construíndo e reconstruíndo o patrimonio histórico, ensinarán este oficio milenario.
Mariscadora Apañar marisco nas rías galegas vai ser unha actividade que vai dar lugar a horas de conversa e dores nos cadrís.
Polbeiro Primeiro castigámolo contra unha roca, despois cocémolo a altas temperaturas e logo cortámolo en cachiños, enchémolo de sal, aceite e picante. Parece incrible que aínda o teñamos nas nosas costas.
Mariscadora Apañar marisco nas rías galegas vai ser unha actividade que vai dar lugar a horas de conversa e dores nos cadrís.
Oleiro O barro nunhas mans pouco habelenciosas ten unha tendencia ao fracaso estrepitoso. A ola final case é un milagre.
Muiñeiro O muiñeiro terá que aprender non só a moer o millo senón tamén a xerar conversa e diversións para longas horas de espera.
Telleiro Se xa semella complicado facer unha soa tella, como sería un oficio no que se tendían centos de tellas nun só día.
Selleiro A sella ten unha forma cónica perfecta, pero pasando polas mans dun aprendiz é posible que nin sequera chegue a fonte.
Ferreiro A forxa, lonxe de ser un lugar frío e escuro, resultará para a nosa parella o lugar idóneo para que salte a chispa.
Luthier de gaitas Que unha gaita chegue e emitir son é o obxectivo do programa pero que ademais soe ben iso será cousa do mestre.
Cesteiro Din que quen fai unha cesta fai un cento delas, pero iso si, con moito tempo para o noso aprendiz.
|